Rúa do Restollal, 15. 15702. Santiago de Compostela . Teléfono: 981 59 69 47/ 628 47 30 77 (urgencias) Email : cancat@cancat.es

mel

Numerosos estudos científicos explican o mecanismo de actuación do mel sobre as feridas favorecendo a cicatrización

En can cat temos empregado esta técnica. Por exemplo,hai anos que houbo un can que, por unha terrible agresión, quedara sen pel na cara. O resultado chegara a ser milagroso.

De novo voltamos a emprega-lo mel coa nosa cadela Loira que foi atropelada por un coche hai 20 días.

Agora, que a ferida non está infectada e xa comeza a ter un bo tecido de granulación, estase cubrindo de pel nova en tempos espectaculares grazas á acción do mel.

O mel empregouse de xeito empírico para a cicatrización das feridas dende hai moitos séculos pero é agora, polos estudos científicos que se levaron a cabo nas últimas décadas, cando se sabe que éste aporta nutrientes ás células, favorece a formación de novos vasos sanguíneos, evita a inflamación e o edema da ferida, posee sustancias antbióticas, estimula a inmunidade a nivel local,…

Comparte



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cinco + 12 =