Rúa do Restollal, 15. 15702. Santiago de Compostela . Teléfono: 981 59 69 47/ 628 47 30 77 (urgencias) Email : cancat@cancat.es

Flow: un coello con sarna

sarna en coellos Can Cat 2

Flow: un coello con sarna

Antonte vimos a Flow en can cat, os seus donos nin sequera poden imaxinar que poideran ter un coello con sarna.

Flow entrou na vida dos seus donos este vran e conviviu facendo unha vida aparentemente normal.

“Quizais” se acicalaba e rascaba como o fan, normalmente, os coellos. Os seus donos non se decataron, ata esta semana, de que a súa pel cambiara.

En can cat quedamos impresionados cando descubrimos centos de parásitos que facían galerías na pel do seu querido coello.

Raspando un pouquiño a pel e, observando a mostra no microscopio, diagnosticamos unha sarna, que comezamos a tratar inmediatamente.

A sarna sarcóptica é producida por un parásito chamado sarcoptes scabiei que cava galerías na pel do seu hospedador. Nunha parte importante dos casos o seu diagnóstico é moi complicado xa que este parásito está na profundidade da pel, polo que moitos raspados non consiguen detectalo. Tamén existen análises sanguíneas para detectar anticorpos do animal enfermo frente a sarcoptes e diagnósticos por resposta ó tratamento.

Provoca moito prurito ou picor, tanto que moitas veces impide que se teña unha vida normal e se interrumpan actividades como comer para rascarse. Este picor remite, á metade, na primeira semana de tratamento.

Son características as costras na cabeza e parte craneal ou de diante do corpo. Non é habitual que chegue a can cat un coello con sarna, aínda así convén unha revisión veterinaria e desparasitación periódica para previr estes procesos dermatolóxicos.

Flow responderá ben ó tratamento e estará san e feliz coa súa familia.

Comparte



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

2 × 3 =