Rúa do Restollal, 15. 15702. Santiago de Compostela . Teléfono: 981 59 69 47/ 628 47 30 77 (urgencias) Email : cancat@cancat.es

este cachorro vivirá a experiencia da súa primeira perruquería canina

Cadela Perruqueria 3

Se tes un can dunha raza que vai requerir do servizo de perruquería no seu futuro, terás que traelo, para este servizo, cando aínda é cachorro.

Conta con que as sesións de perruquería canina levan o seu tempo xa que haberá que cepillar, lavar e cortar todo o pelo que está en todo o corpo, non só na cabeza coma na xente. En ocasións Noemí, a nosa perruqueira, terá que “esculpir” o pelo e para iso o teu can terá que permanecer de pé o tempo preciso, para ser un bo modelo de perruquería canina tamén hai que aprender.

Na primeira etapa de vida dun can é importante que viva a meirande cantidade de experiencias e unha moi especial é o seu primeiro contacto coa nosa perruquería. Este cachorro vivirá a experiencia da súa primeira perruquería canina, non esperes a que sexa adulto para traelo ó seu primeiro baño.

Recomendamos que os cans veñan á perruquería na etapa de cachorro para que se afagan á bañeira, á sesión de corte e ó secador.

De tódo-los xeitos queremos que as primeiras sesións de perruquería sexan graduais, evitamos que relacionen o seu primerio baño cunha experiencia traumática, hai que ir ó ritmo do cachorro. De feito non hai mais que ver con qué ledicia saúdan a Noemí.

Lúa portouse marabillosamente, relaxouse na bañeira co seu baño de ozonoterapia e permitiu que lle fixeramos este cambio de look, a súa dona costoulle recoñecela. Guapísima!!!

Comparte



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Diez − dos =